Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Morfoloxía do Español
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A5 A15 A19 A21 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Na data e hora indicadas no calendario oficial de exames da Facultade os alumnos realizarán o exame. Terá carácter teórico-práctico en consonancia coa materia do curso. Ademais dos coñecementos e competencias adquiridas valorarase a corrección lingüística, como se sinala nas observacións. 60
Solución de problemas A1 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B7 C1 C6 Avaliaranse dous exercicios dos realizados na aula. A data de corrección na aula ou de recolhida figura no "Cronograma" da materia, publicado no Campus Virtual nos primeiros días do cuadrimestre. 20
Traballos tutelados A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Se detallará en clase o tema e as características e se mostrarán no Campus Virtual. A través das titorías a profesora supervisará a realización do traballo: cada alumno presentará o esquema e manterá ao menos unha entrevista. Entregarase a través do Campus Virtual en formato word (ou similar) e en PDF antes do 12 de decembro.
Valorarase a habilidade no manexo de diferentes fontes documentais, a capacidade de síntese, os resultados obtidos, a adecuación e o estilo, e a corrección lingüística.
20
 
Observacións avaliación

1. Os alumnos que asistisen a todas as sesións de clase, sen unha soa falta de asistencia (só admitiranse documentos xustificativos oficiais) e teñan aprobada a materia obterán un punto extra na cualificación final.

2. En todas as actividades escritas, exame, traballos, exercicios, comentarios, valorarase o uso correcto e adecuado da lingua española. Se penalizarán as faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente. Dependendo da gravidade da falta, por cada unha descontarase da nota entre 0,5 puntos e 1 punto. A penalización será menor para os alumnos  Erasmus ou doutros programas de intercambio.

3. A cualificación obtida na proba mixta ou exame será como mínimo de un 4 (sobre 10) para aprobar a asignatura, tanto na oportunidade de xaneiro como na de xullo. Se na primeira oportunidade a materia está suspensa e a nota do examen é inferior a 5, na segunda oportunidade hai que facer tamen o exame.

4. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota.

5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.

6. Obterán a cualificación de NP (Non presentado) os alumnos que no se presenten ao exame, aínda que realizasen o resto das actividades.

7. O alumnado que teña que superar a asignatura na segunda oportunidade recuperará todas as actividades de avaliación (exercicios en conxunto, exame e traballo)  suspensas (con nota inferior a 5) ou non realizadas, cos mesmos porcentaxes. Non se gardarán as notas suspensas da primeira oportunidade. O exame realizarase na data e hora sinaladas no calendario oficial de exames. O traballo tutelado e máis os exercicios entregáranse no Campus Virtual antes do 25 de xuño. No caso da convocatoria adiantada de decembro (finalización dos estudos) a avaliación farase cun exame teórico-práctico.

8. É necesario un nivel B2 de español para cursar esta materia.

9. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).


Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia
Comunicarán a súa situación á profesora nas primeiras semanas do curso.
Os procedimentos e porcentaxes de evaluación serán os mesmos que para o resto dos alumnos, nas duas oportunidades.
Os exercicios do apartado "Solución de problemas" serán específicos para eles e se formularán e entregarán no Campus Virtual, nun apartado especial para estes alumnos. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes