Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B4 B6 C3 O 25% correspondente a inglés consistirá en:
1. Unha tradución individual do español ao inglés (15%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas), no seu caso, do español ao inglés (10%), ou ben unha tradución individual.
________________________________

O 12,5% consistirá en exercicios e actividades de tradución inglés-español realizados na aula e supervisados polo profesorado.
37.5
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 O exame terá CATRO partes: unha tradución ao inglés (20%), unha tradución ao galego (10%), unha tradución ao español (10%) e unhas preguntas sobre contidos teóricos ou teoría aplicada (10%). Deberase acadar obrigatoriamente unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas catro partes para aprobar o exame. 50
Proba práctica A4 A5 A6 B2 C1 C2 Unha actividade de tradución ao galego que será indicada e supervisada polo profesorado. 12.5
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en
tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia)
suporá a descalificación automática das actividades e o suspenso da materia (0,0). 

-Tanto a asistencia como a participación significativa na
aula poderá ser valorada polo profesorado.

-Na oportunidade de xullo e na convocatoria adiantada de
decembro realizarase a proba mixta e entregaranse as actividades equivalentes
aos obradoiros sinaladas polos profesores correspondentes.

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións da parte
de inglés correspondentes ao traballo individual e en grupo, no seu caso,
mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma
Moodle da UDC por parte do profesor engargado desa sección da asignatura, e que haberá que entregar ao profesorado correspondente antes
ou na mesma data do exame oficial.

-Na oportunidade de xullo recuperaranse as actividades e
exercicios da parte de español non superadas mediante actividades
equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

-Na oportunidade de xullo recuperarase o obradoiro (tradución ao
galego) mediante unha actividade equivalente que será dispoñibilizada na
plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta, en calquera convocatoria, acadarán
a cualificación de NP (Non Presentado).

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan
concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o
antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro
avaliaranse segundo as normas especificadas para a segunda oportunidade.

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na
avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da
Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta
polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso
para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes
doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode
recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase
como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa
académica de avaliacións, de cualificacions s de reclamacións 
na
avaliación.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Diversidade:

A materia poderá ser adaptada  ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes