Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C3 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado (ata un 10%). Para iso realizaranse actividades na aula da parte práctica e teórico-práctica (contidos gramaticais, léxico, expresións oral e escrita, comprensións oral e lectora, e interacción oral).

- O alumnado matriculado nesta materia participará nun EAG ou nun Proxecto de aprendizaxe colaborativo online, isto poderá supoñer ata un 10% da calificación no obradoiro*. (Ver nota en observacións)
20
Proba mixta A1 A2 A8 A10 A15 B6 B7 C2 C4 C6 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
45
Traballos tutelados A1 A5 A8 A10 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C2 C3 C4 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
20
Proba oral A2 A8 A10 A15 B4 B5 C2 C4 - Realizarase unha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
15
 
Observacións avaliación

*EAG ou Proxecto de aprendizaxe colaborativo

  • No caso de que non fora posibel a realización desta actividade, o 10% correspondente pasará a cubrirse mediante traballos tutelados, quedando a porcentaxe desa metodoloxía en 30% e a do obradoiro en 10%. Esta situación comunicarase na primeira semana do cuadrimestre.

Requisitos para superar a materia en 1ª
oportunidade

  • Realizar a proba oral. De non realizala, o/a alumno/a
    será avaliado como Non Presentado en acta.

  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo
    global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba
    mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da
    materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.


2ª Oportunidade


  • As persoas que non superasen a proba mixta na 1ª
    oportunidade deberán repetila na data oficial establecida para esta
    oportunidade.
  • As persoas que non entregasen o superasen as
    actividades de traballos tutelados deberán recuperalas mediante
    actividades similares. O estudantado deberá poñerse en contacto co/coa responsable da materia para concretar as características das actividades (pautas, temática e datas).
  • A porcentaxe
    correspondente á actividades presenciais na aula (obradoiro 20%), recuperarase mediante actividades acordadas co profesorado.


Convocatoria adiantada

  • A distribución da avaliación será a seguinte: 45% proba mixta, 15% proba oral (a concretar co profesorado) e 40% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación de Non Presentado


  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria,
    todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será
    cualificado como Non Presentado.


Alumnado con recoñecemento de dispensa académica


  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de
    exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o
    réximen de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC  (Arts.
    2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e
    probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha
    data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente
    xustificado.

  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do
    seguinte modo: Proba oral (15%), Traballos Tutelados (40%), Proba Mixta
    (45%).


Prácticas ilícitas e fraude académica


  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas
    ilícitas (uso de tradutores  automáticos para a elaboración de
    traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da
    materia.

  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica
    aplicaráselle a sanación correspondente recollida no Regulamento
    disciplinar do estudiantado da UDC
     (art. 11, apartado 4. b)).
  • Calquera
    falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de
    acordo co establecido nas Normas de avaliación, revisión e reclamación
    das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario
     artigo
    14.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes