Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Seguridade como Negocio
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A15 A16 A19 B8 Ao final das sesións maxistrais realizarase unha proba obxectiva, baseada nun test de respostas pechadas, onde se validarán os coñecementos adquiridos. Para superar a materia será necesario obter 4 sobre 10 puntos neste apartado. 40
Traballos tutelados A9 A11 A19 B1 B11 C5 Os traballos tutelados serán realizados de forma individual ou en grupo polos alumnos, seguindo as indicacións propostas polo profesor. Incidirán en aspectos concretos dos desenvolvidos durante as sesións maxistrais. 60
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno calcularase en base ao resultado da proba obxectivo (40%) e o traballo tutelado (60%). Para superar a materia será necesario obter, polo menos, 4 sobre 10 puntos na proba obxectiva, independentemente da cualificación obtida no traballo tutelado.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega dos traballos tutelados.

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización do traballo tutelado avaliable non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

FRAUDE
En caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes