Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
 Asignaturas
  Administración de Sistemas I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A metodoloxía docente desta materia compende varias sesións de clase maxistral, nas que se presentarán os contidos a traballar. Nas clases favorecerase a participación proactiva do alumno, así como a adquisición de coñecemento dun xeito crítico.
Prácticas de laboratorio Os contidos da materia traballaranse de forma aplicada en sesións de laboratorio, nas que se desenvolverán os contidos prácticos da materia. Dada a variedade de aspectos a desenvolver nas distintas actividades, traballarase en grupos pequenos (2-3 alumnos) buscando xerar sinerxias na aprendizaxe e na adquisición de destrezas tendo en conta os distintos perfiles e intereses que poden presentarse.

O traballo nesta materia requerirá dunha exhaustiva documentación do equipamento co que traballar, e dos servizos e aplicacións a implantar e configurar, co que o acceso a internet e a bibliografía especializada é imprescindible. Porén, as competencias a adquirir son consecuencia directa da aplicación práctica dos coñecementos adquiridos, co que se porá especial énfase na practicidade das discusións durante as clases maxistrais e na utilización dunha metodoloxía de evaluación continuada que prime o esforzo nas actividades máis aplicadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes