Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2009)
 Asignaturas
  Profesións Sanitarias: Formación, Bioética e Deontoloxía
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A Bioética Historia. Concepto. Fundamentación. Metodoloxía.
Tema 2. Ética e profesións sanitarias As profesións sanitarias. A deontoloxía profesional. Bioética e Deontoloxía. A responsabilidade: ética, deontolóxica e xurídica. Os fins da medicina. As relacións entre profesionais. Os deberes dos profesionais sanitarios. Os dereitos dos profesionais sanitarios. Algunhas cuestións específicas: o intrusismo profesional. A obxección de conciencia. A síndrome de esgotamento profesional (burn-out). As baixas laborais. A seguridade clínica. O sistema de saúde e o sistema sociosanitario. A ética das organizacións sanitarias.
Tema 3. A relación asistencial

Modelos de relación. Do paternalismo á autonomía e aos dereitos.
Tema 4. Bioética e dereitos humanos Os dereitos dos pacientes e usuarios. Os deberes dos pacientes e usuarios.
Tema 5. O proceso de toma de decisións (I) Bioética e razoamento prático. O consentemento informado. As instrucións previas. As decisións de representación.
Tema 6. O proceso de toma de decisións (II)

Información e documentación clínica. Intimidade, confidencialidade e segredo profesional. Os datos de saúde. A historia clínica.
Tema 7. O proceso de toma de decisións (III)

Os comités de ética. Comités de ética asistencial e comités de investigación clínica.
Tema 8. O proceso de toma de decisións (IV)

A saúde e o dereito á protección da saúde. Dimensión sanitaria e dimensión social da asistencia. Xustiza e recursos sociosanitarios.
Tema 9. Cuestións bioéticas do comezo da vida

Sexualidade e reprodución. As técnicas de reprodución humana asistida. Investigación e intervencións xenéticas. Consello xenético. Aborto.
Tema 10. Cuestións bioéticas do final da vida

A disponibilidade da propria vida. Eutanasia e suicidio asistido. A determinación da morte. Extracción e transplante de órganos e tecidos. Os cuidados paliativos.
Tema 11. Ética e investigación biosanitaria
Historia. Principios éticos. A investigación en seres humanos ou con material de orixe humana. A experimentación con animais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes