Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2009)
 Asignaturas
  Profesións Sanitarias: Formación, Bioética e Deontoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A exposición oral será complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Os casos teñen coma obxectivo estimular a reflexión e afacerse ao manexo dos principios, valores e dereitos presentes na prática clínica. Diríxense principalmente ao desenvolvemento das habilidades argumentativas e a posta en funcionamento dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e na aprendizaxe individual e colectiva.
Traballos tutelados O obxectivo desta actividade é fomentar a aprendizaxe autónoma por parte do estudante, fóra do ámbito das aulas. A leitura, análise crítica e comentario de publicacións científicas, normas deontolóxicas ou xurídicas, ou documentos relacionados coa bioética e a dentoloxía profesional son o principal material de traballo. Os traballos parciais poderán consistir na presentación dunha acta dun Comité de ética asistencial que analiza e resolve dous casos clínicos.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Análise de fontes documentais Para o adecuado desenvolvimiento desta materia é preciso o manexo de documentos deontolóxicos e xurídicos que serán facilitados aos alumnos co fin de que se familiaricen coa súa lectura. Os devanditos documentos proporcionan ademais unha guía imprescindible á hora de atopar solucións aos distintos casos que serán estudados.
Proba de ensaio
O exame constará de 10 preguntas que se corresponderán cos contidos do programa. A duración do exame será de 2 horas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes