Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Adquirir coñecementos, habilidades e actitudes en ética, fundamentalmente, epidemioloxía, estatística e outras materias que forman a persoa, ademais de aos profesionais, e afondar aos niveis do posgrao nos coñecementos de Autonomía Persoal e Calidade de Vida desde un modelo interdisciplinar de atención e rehabilitación integral ao paciente. |
A2 |
Adquirir coñecementos especializados para desenvolver con eficacia proxectos de investigación clínica relacionados cunha ampla serie de liñas de investigación, incluíndo as habilidades técnicas e de xestión necesarias para levar a cabo os proxectos. |
A3 |
Aprender a respectar as competencias específicas reguladas na lexislación vixente de cada profesión de saúde implicados na atención aos enfermos crónicos aos efectos de mellorar esa atención holística. |
A4 |
Aumentar os coñecementos dende unha perspectiva rehabilitadora integral. |
B8 |
Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo multi/interdisciplinar co obxectivo de lograr o benestar do paciente. |
B11 |
Capacidade para establecer unha relación de empatía co usuario, familias, grupos sociais e os diversos profesionais. |
B12 |
Habilidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e ao seu entorno, os seus coidadores e as súas familias e os diversos profesionais. |
B13 |
Capacidade para aplicar o método científico para constatar a efectividade dos métodos de intervención, avaliar os métodos de traballo aplicados e divulgar os resultados. |
B14 |
Capacidade para informar, educar, adestrar e reentrenar e supervisar á persoa, coidadores e á súa familia en relación con cada perfil profesional. |
B15 |
Capacidade para informar, rexistrar, documentar e, de ser o caso, derivar o proceso de actuación multi/interdisciplinar. |
B16 |
Capacidade para intervir na adaptación e readaptación do entorno físico, social e cultural. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |