Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas |
Competencias da titulación |
TipoA | Código | |
Mixto | ||
AM1 | Capacidade para comprender, plantexar, formular e resolver aqueles problemas susceptibles de ser abordados a través de modelos da estatística e da investigación operativa. | |
AM2 | Coñecer as aplicacións dos modelos da estatística e a investigación operativa. | |
AM3 | Coñecer algoritmos de resolución dos problemas e manexar o software adecuado. | |
TipoB | Código | |
Mixto | ||
BM1 | Capacidade para iniciar a investigación e para participar en proxectos de investigación que poidan culminar na elaboración dunha tese doutoral. | |
BM2 | Capacidade de integración en grupos de traballo multidisciplinares nos que a estatística e a investigación operativa sexan ferramentas imprescindibles. | |
BM3 | Capacidade de comunicación para a divulgación de resultados e aplicacións da estatística e a investigación operativa. | |
TipoC | Código | |
Mixto | ||
CM1 | Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. | |
CM2 | Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. | |
CM3 | Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. | |
CM4 | Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. | |
CM5 | Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. | |
CM6 | Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. | |
CM7 | Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. | |
CM8 | Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|