Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Enxeñerio Técnico en Informática de Xestión
 Competencias da titulación


Tipo A Código Competencias da titulación Específicas
  A1 Dominar todas as etapas da vida dun proxecto (análise de concepción, análise técnica, programación, probas, documentación e formación de usuarios).
  A2 Analizar novas técnicas e ferramentas do mercado estudando a súa viabilidade e necesidade. Posibilidade de contratar recursos externos.
  A3 Controlar e xestionar o desenvolvemento informático.
  A4 Interpretar as especificacións funcionais encamiñadas ao desenvolvemento das aplicacións informáticas.
  A5 Realizar a análise e o deseño detallado das aplicacións informáticas.
  A6 Definir a estrutura modular e de datos para levar a cabo as aplicacións informáticas que cumpran coas especificacións funcionais e restricións da linguaxe de programación.
  A7 Realizar probas que verifiquen a validez funcional, a integridade dos datos e o rendemento das aplicacións informáticas.
  A8 Integrar sistemas informáticos existentes susceptibles de se interrelacionaren.
  A9 Escoitar e asesorar os usuarios na resolución dos problemas que se lles presentan co uso dos sistemas informáticos.
  A10 Asesorar os programadores nos problemas que se lles presentan coa programación dos sistemas.
Tipo B Código Competencias da titulación Transversais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Aprendizaxe autónoma.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno de traballo.
  B8 Traballar en equipos de carácter interdisciplinar.
  B9 Capacidade para tomar decisións.
  B10 Capacidade de xestión da informática (captación e análises da información).
  B11 Razoamento crítico.
  B12 Capacidade para a análise e a síntese.
  B13 Capacidade de comunicación.
  B14 Coñecemento de idiomas.
  B15 Motivación pola calidade.
Tipo C Código Competencias da titulación Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes