Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2009)
 Competencias da titulación


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Adquirir coñecementos, habilidades e actitudes en ética, fundamentalmente, epidemioloxía, estatística e outras materias que forman a persoa, ademais de aos profesionais, e afondar aos niveis do posgrao nos coñecementos de Autonomía Persoal e Calidade de Vida desde un modelo interdisciplinar de atención e rehabilitación integral ao paciente.
  AM2 Adquirir coñecementos especializados para desenvolver con eficacia proxectos de investigación clínica relacionados cunha ampla serie de liñas de investigación, incluíndo as habilidades técnicas e de xestión necesarias para levar a cabo os proxectos.
  AM3 Aprender a respectar as competencias específicas reguladas na lexislación vixente de cada profesión de saúde implicados na atención aos enfermos crónicos aos efectos de mellorar esa atención holística.
  AM4 Aumentar os coñecementos dende unha perspectiva rehabilitadora integral.
  AM5 Adquirir coñecementos e habilidades en investigación biomédica, que os capaciten para desenvolver liñas de investigación en histoloxía, bioloxía celular e molecular e xenómica, entre outras. Así como coñecementos na xestión e divulgación de dita investigación.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita nestes temas.
  BM2 Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
  BM3 Capacidade de análise e síntese.
  BM4 Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes.
  BM5 Capacidade de crítica e autocrítica.
  BM6 Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
  BM7 Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo multi/interdisciplinar co obxectivo de lograr o benestar do paciente.
  BM8 Habilidade para establecer unha relación adecuada a cada momento do ciclo vital.
  BM9 Motivación.
  BM10 Capacidade para establecer unha relación de empatía co usuario, familias, grupos sociais e os diversos profesionais.
  BM11 Habilidade para responder ás necesidades do paciente avaliando, planificando e desenvolvendo programas individualizados máis apropiados xunto á persoa e ao seu entorno, os seus coidadores e as súas familias e os diversos profesionais.
  BM12 Capacidade para aplicar o método científico para constatar a efectividade dos métodos de intervención, avaliar os métodos de traballo aplicados e divulgar os resultados.
  BM13 Capacidade para informar, educar, adestrar e reentrenar e supervisar á persoa, coidadores e á súa familia en relación con cada perfil profesional.
  BM14 Capacidade para informar, rexistrar, documentar e, de ser o caso, derivar o proceso de actuación multi/interdisciplinar.
  BM15 Capacidade para intervir na adaptación e readaptación do entorno físico, social e cultural.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes