Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Salud
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Anatomía Humana
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas que complementan os contidos desenvolvidos nas clases teóricas:

- Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana.

- Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie.

- Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia.

- Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles.

Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas.
Seminario É unha técnica de traballo en grupo reducido que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os participantes do seminario. O fin desta metodoloxía é aclarar concepto e resolver dúbidas.

Obradoiro Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade.
Proba mixta Proba mixta.- Inclúe.

1.- PROBA DE ENSAIO.- Exame escrito constituido por preguntas cortas, cada unha delas cun enunciado que require unha resposta breve, en xeral dunha extensión non maior que media páxina. Esta proba permite determinar o grao de coñecemento sobre un aspecto concreto da materia e, en particular, valorar a capacidade de redacción e síntese do alumnado.

2..- PROBA OBXECTIVA.- Inclúe:

- Preguntas de resposta múltiple.- Exame escrito tipo test. As preguntas constan de un enunciado e catro posibles respostas das que só unha é verdadeira.

- Preguntas de resposta breve.- Exame escrito contituido por preguntas que requiren como resposta unha palabra ou frase específica.

- Proba de completar.- Exame escrito, no que cada pregunta consiste nun enunciado acompañado dun debuxo esquemático dunha estrutura anatómica. O enunciado esixe completar o debuxo esquemático mediante palabras e liñas.

3.- PROBA ORAL.- Consiste en preguntas cortas que o alumnado debe responder de forma oral con certa amplitude.
Prácticas clínicas Basándose na valoración funcional de músculos e articulacións, preténdese favorece a adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedimentos de enseñanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións. O alumnado traballa conxuntamente en grupos reducidos na resolución de tareas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes