Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Traballo en grupos para elaborar informes-artigos de casos psicoeducativos, a partir da aplicación de probas. 0
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador de cada grupo de traballo, ordenado por temas, que contén as actividades e prácticas de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia.
Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación.
80
Traballos tutelados Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar informes/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Estes traballos faranse en grupos non superiores a catro persoas. 0
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos de catro persoas que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. 0
Análise de fontes documentais Busca de fontes documentais para descubrir os contidos propios e específicos da disciplina e o currículo da educación infantil. 0
Proba mixta Esta proba de carácter individual realizarase ao finalizar cada un dos temas da materia, para verificar o grao de adquisición das competencias do saber e saber facer. 20
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA.

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final.

Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas de
cada tema realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:

a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades e prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas para cada tema  e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas traballadas. Isto
suporá como máximo un 80% da cualificación (a nota resultante desta
carpeta de traballo non terá que ser necesariamente igual para todo o
grupo)

b) as probas mixtas individuais sobre os contidos
teórico-prácticos da materia. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.


Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta
proba será a fixada polo Centro. .

OUTRAS CONVOCATORIAS
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é
proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.