Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da educación | Código | 652G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. O Obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizxe. | 10 |
Análise de fontes documentais | Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. | 10 |
Lecturas | Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumno terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. | 10 |
Traballos tutelados | Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. | 30 |
Recensión bilbiográfica | Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. | 20 |
Proba obxectiva | Recolle apuntes persoais, traballos de investigación, guías de traballo, resúmenes, comentarios... do alumno. | 10 |
Presentación oral | Exposicións de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. | 10 |
Observacións avaliación | ||
- A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación. -É obrigatorio pasar pola titoría mentras se estea en proceso de elaboración dos traballos tutelados. - Calquer circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración. -Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final. -Alumnado asistente grupo A: A avaliación levarase a cabo seguindo 2 bloques de traballo: individuais (lecturas -20%-, Recensión -20%- e Sesión Maxistral -10%-) e en grupo (traballos tutelados -30%-, Presentación oral -10%- e Análise de Fontes -10%-). Para poder ser avaliado e calificado, en cada un dos bloques é necesario acadar unha puntuación mímina de 2,5 puntos. -Alumnado asistente grupo B: os traballos individuais (traballo de iniciación á investigación, recensión análise de fontes documentais e lecturas) teñen un valor proporcional do 60% do total da puntuación final. O resto corresponde ao exame (20%) e traballos de clase (20%). -Os alumnos repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto co profesorado que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio para todos eles o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso lle sexan asignados a cada alumno. |