Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
A2 |
Coñecemento dos contidos para ensinar, comprendendo a súa singularidade epistemolóxica e a especificidade da súa didáctica. |
A3 |
Analizar criticamente as concepcións da educación emanadas da investigación, así como as propostas curriculares da Administración educativa. |
A5 |
Desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado. |
A11 |
Participar en proxectos de innovación relacionados co ensino e aprendizaxe que permitan introducir propostas encamiñadas á mellora da calidade educativa. |
A19 |
Adquirir coñecementos didácticos relacionados coas distintas áreas co fin de crear un marco teórico que permita reflexionar sobre a práctica docente para mellorala. |
A37 |
Utilizar cancións e xogos musicais como medio para facilitar a comprensión da realidade. |
A38 |
Deseñar, aplicar e avaliar actividades, materiais e outros recursos que fomenten a creatividade infantil. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B14 |
Capacidade para detectar as súas propias necesidades de aprendizaxe ao longo da vida. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |