Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados nas asignaturas de segundo e terceiro cursos: Didactica das Ciencias Sociais I e II.
Análise de fontes documentais Ao longo de desenvolvemento da materia os estudiantes terán a ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes para obter a información precisa para coñecer o medio xeográfico e histórico de Galicia. Mapas, monografías científicas, documentación privada e pública, información oral, manexo de fontes materiais, arquivos, páxinas web, son exemplos relevantes.
Discusión dirixida Esta metodoloxía é fundamental para poñer en común os contidos recollidos nas fontes. Guía o traballo previo e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego. Preséntase como a metodoloxía que máis incidencia ten nesta asignatura xa que por unha banda permite desenvolver as indagacións no medio e por outra resulta un dos mellores recursos para traballar o Coñecemento de medio de Galicia no ensino primario.
Presentación oral Despois de elaborar os traballos sobre o medio histórico e xeográfico de Galicia, chega o momento de facelos públicos mediate exposicións orais empregando diferentes soportes materiais e audiovisuais.