Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os contidos comúns e específicos sobre as distintas disciplinas que impartirá no exercicio do seu labor profesional. |
A2 |
Coñecer os fundamentos psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que lle permitan o axeitado desenvolvemento da súa profesión. |
A3 |
Coñecer as características das organizacións educativas que atenden aos nenos e ás nenas de 6-12 anos. |
A4 |
Coñecer a organización dos centros educativos de educación primaria e a diversidade de accións que abrangue o seu funcionamento. |
A7 |
Adquisición de destrezas para adoptar metodoloxías activas, participativas e creativas, e desenvolver o currículo a partir de situacións significativas para o alumnado, ao asumir un papel de orientador, facilitador e guía da aprendizaxe, e procurar a motivación e o interese do alumnado pola aprendizaxe. |
A9 |
Planificar as materias no contexto social en que se van impartir, tomando as decisións axeitadas relativas á selección de obxectivos, organización de contidos, deseño de actividades ou criterios de avaliación. |
A11 |
Capacidade para empregar recursos diversificados que contribúan a mellorar a experimentación e a aprendizaxe do alumnado no ámbito da Educación Física. |
A12 |
Capacidade para observar e avaliar de forma continua, formativa e global o desenvolvemento e a aprendizaxe do alumnado de 6-12 anos, introducindo as medidas educativas necesarias para atender as súas peculiaridades persoais. |
A13 |
Capacidade para ser sensible á nova realidade social, plural, diversa e multicultural, desenvolvendo estratexias para a inclusión educativa e social. |
A14 |
Planificar, desenvolver e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe axustados á diversidade cultural e lingüística do alumnado. |
A19 |
Coñecer o desenvolvemento psicomotor de 0-12 anos, as estratexias e as posibilidades de intervención educativa sobre el, e a súa relación coa saúde. |
A21 |
Dominar a teoría e a didáctica específica da Educación Física, os fundamentos e as técnicas de programación da área e do deseño das sesións, as estratexias de intervención e de avaliación dos resultados, así como as relacións con outras áreas de coñecemento. |
A22 |
Coñecer a imaxe do corpo, o significado das actividades físicas e do deporte na súa evolución histórico-cultural, e a súa influencia nos distintos ámbitos sociais e culturais na sociedade contemporánea. |
A23 |
Programar e executar actividades de ocio, tempo libre e recreación na escola e, no seu caso, orientar e supervisar as actividades relacionadas coa actividade física que se impartan no centro en horario escolar e extraescolar. |
A24 |
Coñecer os fundamentos biolóxicos e fisiolóxicos do corpo humano, así como os procesos de adaptación ao exercicio físico, e a súa adaptación ao exercicio físico, e a súa relación coa saúde, a hixiene, a alimentación e a calidade de vida. |
A25 |
Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física coa saúde, a hixiene e a alimentación, e deseñar estratexias de intervención educativa. |
A26 |
Coñecer os aspectos que relacionan a actividade física co ocio e a recreación para establecer as bases de utilización do tempo libre: teatro, danza, deportes, saídas, etc. |
A27 |
Ser capaz de dar resposta educativa á diversidade no ensino de Educación Física. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B8 |
Adaptación ás novas situacións. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade crítica e autocrítica. |
B11 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B13 |
Capacidade de organización e de planificación. |
B17 |
Capacidade para se integrar e se comunicar con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B28 |
Recoñecer a necesidade de implicarse nunha aprendizaxe ao longo da vida. |
B29 |
Resolución de problemas e toma de decisións. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |