Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo | Código | 652G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | Cada alumno/a de manerira individual realizará un estudo de casos que será avaliado a partir dos seguintes criterios: -A comprensión da situación presentada considerando a diversidade e complexidade dos factores que inciden no ámbito educativo. -A profundidade de análise atendendo ao marco teórico traballado na materia. -O valor de síntese e da adecuación das propostas de acción e intervención como resposta á situación presentada. -Trátase dun traballo fundamentalmente individual |
15 |
Traballos tutelados | Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios: -A profundidade do contido. -O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. -A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. -A presentación e a claridade da exposición. -Trátase dun traballo fundamentalmente grupal |
35 |
Proba de ensaio | A proba de ensaio, de carácter individual, consistirá no desenvolvemento de varias cuestións e/ou casos obxecto de análise, que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. | 50 |
Observacións avaliación | ||
Según a participación do alumnado na materia a avaliación contempla dúas opcións: Opción A. Ao alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (maior ou igual ao 85% das sesións presenciais), corresponderalle a modalidade de avaliación arriba exposta. -Os alumnos/as repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto coa profesora que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera caso, realiarán a proba de ensaio con carácter obrigatorio ao final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final (se veñen da modalidade A) e o 80% da nota final (se veñen da modalidade B). A porcentaxe restante da nota corresponderá aos traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno/a. -Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso. |