Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Baséase na utización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia
10
Traballos tutelados Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación histórica. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. 40
Lecturas Con caracter obrigatorio e optativo propoñeranse un serie de lecturas seguindo o temario do programa. 10
Aprendizaxe colaborativa Parte da idea de que os estudantes traballan xuntos para aprender. Debe entenderse como unha estratexia de aprendizaxeque tenta fortalecer o desenvolvemento global do alumnado. 10
Presentación oral Exposición de traballos, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou exoperiencia abordada. 10
Proba de ensaio Pretende determinar os logros dos estudantes en termos obxectivos e avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia. 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será continua e formativa.


-A asistencia ás sesións de clases interactivas é imprescindible e será obxecto de avaliación. -Calquer circunstancia persoal que poda alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada para a súa oportuna e axeitada consideración.


 -Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidar asistir ás sesións de clase establecése como criterio de avaliación unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade.


-Na proba de ensaio  e nos traballos tutelados será imprescindible acadar unha nota de cinco sobre dez. De non ser así deberá repetirse.


Os/As alumnas repetidoras poderán optar á asistencia ás clases ou de non asistir deberan unha proba de ensaio de carácter obrigatorio ao remate do cuatrimestre na data marcada oficialmente pola Facultade.