Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
40
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (40%).
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).


Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao  80%):
a) Elaboración e presentación individual dos traballos (40%).
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (60%).


- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso  de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mista).
- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados os traballos).