Actividades iniciais |
Antes de iniciar os temas do programa desenvolveranse actividades que permitan coñecer os saberes previos do alumnado respecto ás ciencias sociais, as competencias, intereses e motivacións que posúen para o logro dos obxectivos finais que queremos alcanzar nesta materia. |
Análise de fontes documentais |
Ao longo do curso, os estudiantes terán ocasión de coñecer e manexar moi diversas fontes de información orais, documentais (artigos, capítulos de libros, unidades didácticas extraídas de revistas, libros escolares de texto...), materiais, audiovisuais, páxinas web,etc. Estas fontes utilizaranse tanto como introdución xeral a un tema o como mateiais de obtención de información para a construcción de coñecementos. |
Presentación oral |
Os traballos de pequeno grupo serán obxecto de exposición na aula, xa que as facilitan a adquisición das destrezas explicativas fundamentais para o desenvovemento da profesión de mestres. |
Saídas de campo |
Realizaranse saídas para o coñecemento do medio en relación cos temas traballados na aula. |
Proba mixta |
Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 10. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo. |