Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución educativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Traballos tutelados A elaboración do portafolios para recoller a experiencia do Prácticum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións daranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposicións ante os compañeiros e posta en común co obxecto de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva.
Portafolios do alumno Ver documento en Anexos
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Prácticum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade educativa.
Seminario 1. 1 Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Prácticum.
2. Selección de centro (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Prácticum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse ao centro de prácticas o profesorado de Prácticum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Prácticum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
- De avaliación, para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.