Metodoloxías
Seminario
Saídas de campo
Portafolios do alumno
Traballos tutelados
Descrición
Alén dos seminarios de seguimento do Prácticum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O profesorado da UDC realizará cando menos tres contactos cos centros de desenvolvemento do Prácticum:
1.ª) Antes da incorporación do alumnado ao centro para comprobar a recepción da documentación, confirmar a incorporación do alumnado e ultimar os trámites e acordos que foren necesarios.

2.ª) Durante o desenvolvemento do Prácticum para compartir información sobre o grao de integración do alumnado.
3.ª) Ao finalizar o período do Prácticum para avaliar a experiencia.
Na medida do posible un dos contactos co centro terá forma de visita.