Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. A partir dos esquemas iniciais e co apoio de documentación específica, iranse desenvolvendo a parte teórica dos contidos conceptuais da materia mediante metodoloxía explicativa.
Actividades iniciais Cada bloque temático iniciarase con debates de ideas previas que poñen en relación o seu contido cos contidos traballados na asignatura Medio social e cultural e a sua didáctica.
Análise de fontes documentais Ao longo de desenvolvemento da materia os estudiantes terán a ocasión de coñecer e manexar diversas fontes para obter a información precisa para coñecer o medio xeográfico e histórico de Galicia. Mapas, monografías científicas, documentación privada e pública, información oral, manexo de fontes materiais, arquivos, páxinas web, son exemplos relevantes.
Discusión dirixida Esta metodoloxía é fundamental para poñer en común os contidos recollidos nas fontes. Guía o traballo previo e concreta as conclusións e as aportacións dos grupos de traballo.
Saídas de campo Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática cara a recollida de información do medio xeográfico e histórico galego. Preséntase como a metodoloxía que máis incidencia ten nesta asignatura xa que por unha banda permite desenvolver as indagacións no medio e por outra resulta un dos mellores recursos para traballar o medio de Galicia no ensino infantil.
Traballos tutelados Realización dun traballo sobre o tema ou temas propostos pola profesora, que versarán sobre dalgún dos aspectos incluídos no programa da materia.
Os temas, características e metodoloxía serán concretados nas primeiras sesións.
Serán presentados na aula.

Proba mixta Divídese en:
1. Ao longo do curso iranse realizando probas sobre contidos teóricos impartidos nas sesións expositivas e traballados nas interactivas. Estas probas puntuarán ate 20.
2. Realizarase unha proba escrita na primeira oportunidade de avaliación que versará tanto sobre aspectos teóricos tratados na docencia expositiva como nos prácticos das sesións interactivas. Esta proba puntuará ate 50. Teranse en conta aspectos tales como coñecemento dos conceptos fundamentais da materia, corrección e claridade na expresión, capacidade de síntese, capacidade de relación, capacidade de traballo autónomo e en grupo.