Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Recolleita dunha proposta educativa, análise, interpretación e adaptación ás caractarísticas dunha escola que camiña cara a inclusión 30
Portafolios do alumno Recollida da información, análise e interpretacación, e posterior enriquecemento coas achegas dos autores. Os criterios de avaliación do documento serán:
Integración dos contidos abordados na aula
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda.
40
Traballos tutelados Versarán sobre un dos temas da materia proposto polo alumno ou alumna e aceptado previamente pola profesora. Servirán para afondar no coñecemento dese mesmo tema e adquirir destrezas na investigación e de intervención educativa na diversidade 30
 
Observacións avaliación

O alumnado asistente será aquel que asiste á aula  o 80%  ou máis da materia da materia. O alumnado non asistente para cursar a materia terá que realizar:


1. O Proxecto de investigación sobre un elemento concreto das escolas que camiñan cara a inclusión (30%)


2. Recensión sobre 4 documentos (os documentos ou as referencias bibliográficas estarán colgadas en moodle) (20%)


3. 1 traballo tutelado baseado nunha proposta didáctica de inclusión dun alumno ou alumna con necesidades específicas de apoio educativo nunha aula ordinaria de educación infantil (20%)


4. Unha proba de preguntas curtas (30%)