Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Asistencia a clase e participación nas distintas sesións 20
Análise de fontes documentais No traballo final e nas aulas 20
Lecturas Dos libros obligatorios e dos documentos 20
Presentación oral dos libros elexidos 10
Traballos tutelados O estudo de caso realizado como traballo nos pequenos grupos 30
 
Observacións avaliación

As persoas que asisten asiduamente (70% de asistencia) serán avaliadas polos:


1.  Traballos realizados nas sesións de aula e os propostos para realizar de forma individual ou en grupo
2. Exposicións e participación nos debates
3. Examen
4.  Defensa dun dos tres libros indicados; dos outros dous entregarase un traballo escrito.

RODRIGUEZ PALOP, Mª Eugenia (2011): Claves para entender los nuevos derechos humanos. Madrid: La catarata 
Os cambios históricos e as transformacións sociais esixen a revisión dos dereitos humanos de cara a un mundo máis solidario, responsable e globalizado, no que o compromiso e a participación da cidadanía xoga un papel chave. 

FRYD SCHAPIRA, Paola e Diego SILVA BALEIRO (2010): Responsabilidad, pensamiento y acción. Ejercer educación social en una sociedad fragmentada. Barcelona: Gedisa. 
Experiencia de traballo con persoas que sufren diversas formas de exclusión social para que participen na vida política, social e cultural; neste libro conxúgas ea reflexión teórica coa práctica educativa, a través da avaliación dos resultados e da revisión das prácticas.  

CHOMSKY, Noam e Ignacio RAMONET. (2003): Cómo nos venden la moto. Información poder y concentración de medios. Barcelona: Icaria. 
Análise dos medios de comunicación e da propaganda nas sociedades democráticas: neste texto preséntanse exemplos que permiten afondar na manipulación informativa como medio de poder, as limitacións da liberdade individual e a “fabricación” das opinións. 

As personas que non asistan de forma continuada a clase deben facer: 

1. recisións de 2 dos 3 libros arriba indicados 
2. analizar a influencia das distintas corrientes educativas traballadas na aula na película "Hoy empieza todo" (que pode visionar na biblioteca da Facultade) 
3. xustificar as influencias teóricas no traballo tutelado de investigación en grupo.
4. Examen