Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
Traballos tutelados En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
70
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (70%).
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).


Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%):
a) Elaboración e presentación individual dos traballos (30%).
b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (70%).


- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso  de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mista).
- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados os traballos).
- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.