Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Dossier ordenado por seccións, debidamente identificadas, paxinadas e cun índice introductorio que conterá os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado ó longo do semestre. Inclúe todo o traballo realizado: notas de clases, tarefas desenvolvidas , resumes, dificultades atopadas , comentarios etc. É froito do traballo tutelado e continuo en torno ós diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada da profesora ós distintos grupos. 40
Estudo de casos Tendo como referencia a bibliografía e as actividades desenvolvidas na aula, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, deseñarase en grupo, un proxecto educativo individualizado que, desde a pedagoxía crítica, sitúe no seu núcleo a educación de menores en desprotección e conflito social.
As datas para o seu desenvolvemento e sesións de titoría contempladas para este fin, serán acordadas na aula, a proposta da profesora. Ademais de ser incluído no Portafol, cada grupo expoñerá o seu proxecto co obxeto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
10
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso, na que o alumnado deberá dar resposta ás cuestións prantexadas a través dun marco global e integrado dos diferentes núcleos temáticos contemplados nesta guía docente 50
 
Observacións avaliación
Atendendo á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións:
OPCIÓN A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de aula (>80%):
a) Elaboración dun portafol grupal no que se recollerán a totalidade das prácticas propostas, así como aquelas actividades relacionadas coa lectura e análise de materias diversos, as notas relativas ós grupos de discusión e as sesións maxistrais(40%). Incluirá asemade a proposta de proxecto educativo (10%).Total:50%.

b) Exame sen material sobre os contidos da materia (50%)

OPCIÓN B. Para o alumnado que non asiste/participa das actividades de aula (<80%):
a) Proba mixta sobre os contidos da materia(80%)

b)Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía básica e que será acordado coa profesora durante o mes de marzo para a convocatoria de xuño e no mes de abril para a de xullo(20%).

En calquera das opcións é preciso obter unha avaliación favorable en cada unha das partes da materia. Asemade nas probas escritas é preciso contestar, cando menos parcialmente, a tódalas cuestións prantexadas En caso contrario a cualificación será de Suspenso.