Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, novas de actualidade, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para afondar nos diferentes núcleos temáticos da materia, a través de actividades especificamente deseñadas: mapa conceptual, recensión, análise de casos, discusión dirixida...
Discusión dirixida En base a lecturas previas de carácter obrigatorio, a través das que recoller diferentes argumentacións sobre unha temática, promoverase o debate e contraste de opinións fundamentadas, coa finalidade de que o alumnado constrúa unha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Estudo de casos Consiste na procura e/ou achegamento dunha serie de casos ou experiencias educativas para o seu estudo, análise e discusión á luz dos referentes teóricos da materia.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela e seguimento por parte da/o docente. Tendo como referencia os contidos e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase en grupo (4-5 persoas) un estudo sobre un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social. Contemplará: un apartado de fundamentación teórica e legal; a análise dunha experiencia, programa, proxecto... socioeducativo para favorecer a inclusión social do colectivo; e un apartado de propostas de mellora.
Preténdese fomentar a capacidade reflexiva e argumentativa arredor das problemáticas de vulnerabilidade e exclusión social, dende unha perspectiva crítica e complexa.
Será preciso desenvolver, como mínimo, dúas sesións de titoría nas que presentar o guión do traballo e facer o seguimento do mesmo. As datas serán acordadas na aula.
Ademais de ser incluído no cartafol, cada grupo expoñerá nunha sesión interactiva, o seu traballo, co obxecto de compartilo e sometelo a debate e valoración.
Presentación oral Exposicións de traballos realizados tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada.
Portafolios do alumno Dossier ordeado por seccións, debidamente identificadas e paxinadas, no que se recollen os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Realizarase a nivel grupal (entre 4-5 integrantes) e incluiranse aquelas actividades indicadas pola/o docente, referentes tanto ás sesións expositivas como interactivas, e que poden abranguer: notas de clase, mapas conceptuais, glosarios, recensións de fontes documentais, resumo de eventos científicos e/ou divulgativos... De cada actividade recollerase ademais unha valoración sobre a práctica desenvolvida (contidos abordados, competencias adquiridas, metodoloxía aplicada...). Así mesmo, presentarase ao final unha autoavaliación individual do proceso de aprendizaxe, das competencias adquiridas, do grao de participación e implicación...
O cartafol é froito do traballo tutelado e continuo en torno aos diferentes núcleos temáticos que se iniciarán na aula pero que requirirá do traballo autónomo do alumnado –previo e posterior–, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada da profesora, na aula e no horario de titorías.
Sesión maxistral Exposición oral por parte da docente, complementada co uso dos recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e a introdución de preguntas dirixidas ao alumnado. A finalidade é transmitir coñecementos, facilitar a aprendizaxe, promover o debate, identificar prexuízos, ter en conta as contribucións do alumnado, e potenciar a súa participación na construción significativa do coñecemento.
Proba mixta Metodoloxía de avaliación da aprendizaxe. Integrará preguntas de tipo ensaio ou abertas de desenvolvemento, e preguntas de tipo obxectivo. Nas primeiras valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. En canto ás obxectivas, presentaranse preguntas de resposta breve.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican la asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Destinarase un tempo nas sesións expositivas para informar –por parte da/o docente e do alumnado– dos eventos de interese para a materia que acontezan durante o cuadrimestre. A participación neste tipo de actividades será recollida no cartafol.
En función das posibilidades, presentaranse na aula experiencias no ámbito da acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables, e, se planificarán visitas a institucións/organismos... que traballen con estes colectivos, para a súa posterior análise e discusión.