Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Algúns contidos do programa precisan unha exposición maxistral por parte do profesorado para centrar o proceso de ensino-aprendizaxe.

Por iso, as clases expositivas (que se imparten un día á semana durante 1,5 horas) céntranse na exposición oral dos ditos contidos, complementada co emprego de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidad de transmitir coñecementos e facilitar a súa aprendizaxe.

Aprendizaxe colaborativa As clases expositivas combinaranse con clases interactivas (que se imparten igualmente un día á semana durante 1,5 horas) guiadas polo profesorado e nas que o alumnado cobra un papel importante.

Nas clases expositivas, empregaranse un gran conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución das tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.

Esquemas Un esquema é a representación gráfica e simplificada da información que conleva uns determinados contidos de aprendizaxe.

Os esquemas desenvolveranse polo alumnado para a adquisición dos coñecementos aprendidos nas clases expositivas, nas diferentes prácticas grupais que se desenvolvan nas clases interactivas e nas prácticas individuais entregadas polo alumnado.
Estudo de casos Mediante esta metodoloxía, o alumnado situarase ante problemas concretos (casos) que se describirán nas diferentes prácticas grupais que se desenvolvan nas clases interactivas, en donde se describirá un servizo/programa real socioeducativo.

O alumnado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Lecturas Ao longo do cuadrimestre, facilitarase un conxunto de textos e documentación escrita que se terán recollido e editado como fonte de profundización nos contidos traballados.
Obradoiro Nas clases expositivas, empregarase, conxuntamente coa aprendizaxe colaborativa(explicada anteriormente), o obradoiro, como modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da cal o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre temas específicos, co apoio e a supervisión do profesorado.
Presentación oral Nas prácticas que se desenvolvan nas clases interactivas, normalmente realizarase algunha intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o profesorado e o alumnado interactuarán dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Resumo O resumo consiste na síntese dos principais contidos traballados.

O alumnado empregará esta metodoloxía tanto nas clases expositivas como nas interactivas xa que é un recurso óptimo para facilitar a comprensión dos textos e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Proba mixta Ademáis da avaliación continua realizada, a exame final fixada pola Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta. Esta proba, integrará preguntas tipo de probas de ensaio (abertas e de desenvolvemento) e preguntas tipo de probas obxectivas, que poderán combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.