Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados A elaboración do portafolio onde se recolla a experiencia do Practicum I será titorizada mediante sesións de traballo grupal ou individual que terán lugar na Facultade. Durante estas sesións desenvolveranse as indicacións oportunas sobre o contido e a estrutura do traballo, as fontes documentais imprescindibles ou a relevancia e pertinencia da análise da experiencia. Este traballo tutelado poderá contar tamén con exposición e posta en común ante compañeiro/as co motivo de compartir experiencias que enriquezan a aprendizaxe colectiva.
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución educativa desenvolvendo tarefas de observación, análise de caso, colaboración en accións educativas cos profesionais da propia institución etc.
Análise de fontes documentais Utilizaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos aos que o Practicum I da prioridade, como base para as análise e as reflexions sobre a diversidade de experiencias coas que se entre en contacto nas institución educativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica, atendendo aos múltiples factores que inciden no desenvolvemento da intervención educativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no practicum, cos comentarios e cualificacións asignadas polo titor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo titor, etc.
Seminario 1. Sesión informativa inicial: 2 horas. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, as pautas de carácter xeral e orientar ao alumnado acerca da súa toma de decisión sobre da elección da institución colaboradora, así como explicar as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o seu Practicum.

2. Selección de centro: 2 horas.

3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor/a: 6 horas.
- O profesorado de Practicum orientará ó alumnado que titoriza, antes de incorporarse e na data establecida, cando menos, sobre dos seguintes asuntos: documentos a incluír no portafolio, lecturas imprescindibles, datas de entrega dos traballos solicitados, calendarización dos seminarios, e calquera outra suxerencia que estime oportunas.
- Durante a realización do practicum: posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un mesmo titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do discorrer da práctica profesional. Comentario dos textos ou documentos seleccionados para este fin.
- De avaliación. Responder ás dúbidas do alumnado que titoriza en relación ós documentos solicitados.