Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno -Integración dos contidos abordados na aula
-Reflexión e opinión persoal
-Ampliación de coñecementos empregando as fontes documentais e investigación persoal.
-Aplicabilidade ao teu traballo como logopeda.
30
Investigación (Proxecto de investigación) Realización duha investigación sobre experiencias innovadoras para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e daquelas que fomenten a inclusión educativa de todo o alumnado na aula ordinaria, no centro e na sociedade 20
Solución de problemas O alumnado terá que facer unha proposta de intervención educativa para desenvolver nun contexto educativo inclusivo un alumno ou alumna con NEAE. Valorarase:
-Proposta que fomente a inclusión educativa.
-Creatividade.
-Coherencia interna da proposta
20
Proba de resposta breve Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar tendo como referentes a súa opinión persoal fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. 30
 
Observacións avaliación

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO NON ASISTENTE


Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións: Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do portafolios, proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. Opción B. Para o alumnado que non segue o sistema ECTS, aquel que non asiste/participa regularmente ás actividades de clase (< 80%). Neste caso o sistema de avaliación farase sobre: a) Realización dun proxecto de investigación (30%) b)  Unha proposta de intervención dende unha perspectiva inclusiva (20%) c) Unha proba escrita sobre os contenidos da materia, cun peso na avaliación do 50%