Código Competencias da titulación
A2 Adquirir os coñecementos fundamentais sobre os sistemas e aplicacións informáticas específicos e xerais utilizados no ámbito da edificación.
A3 Coñecer os materiais, tecnoloxías, equipos, sistemas e procesos construtivos propios da edificación en xeral e en particular aqueles específicos de Galicia.
A4 Coñecer as técnicas e procesos de restauración, rehabilitación, acondicionamento, patoloxía, mantemento e conservación dos edificios en xeral e en particular aqueles específicos do patrimonio cultural constituído pola arquitectura popular e histórica galega.
A5 Coñecer a evolución histórica dos materiais, tecnoloxías, procedementos, métodos, sistemas e elementos construtivos.
A12 Coñecer as técnicas de xestión, aseguranza e control da calidade, así como as técnicas de xestión medioambiental e construción sustentable.
A16 Coñecer e aplicar as técnicas de avaliación e prevención de riscos, deseño de estudos e planes, así como dos procesos de coordinación da seguridade e saúde laboral na edificación.
A18 Dirixir e xestionar o proceso de execución da obra.
A19 Aplicar as técnicas, interpretar resultados e tomar decisións para o control da calidade da obra.
A20 Aplicar as técnicas de xestión da calidade, xestión medioambiental e construción sustentable.
A22 Administrar e xestionar a adquisición dos materiais, sistemas e recursos propios do proceso construtivo.
A23 Implementar os planes de seguridade e o seu control en obra.
A24 Planificar e xestionar a conservación, mantemento, explotación e uso do edificio así como a inspección técnica do mesmo.
A27 Desenvolver auditorías de proxectos e de execución de obras.
A30 Elaborar peritacións, tasacións, valoracións e estudos de viabilidade económica.
A31 Redactar, analizar, controlar, xestionar e desenvolver proxectos técnicos.
B1 Capacidade de análise e síntese.
B2 Capacidade de organización e planificación.
B3 Capacidade para a procura, análise, selección, utilización e xestión da información.
B4 Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
B5 Capacidade para a resolución de problemas.
B6 Capacidade para a toma de decisións.
B7 Capacidade de traballo en equipo.
B8 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinario.
B10 Habilidades nas relacións interpersoais.
B12 Razoamento crítico.
B13 Compromiso ético.
B14 Aprendizaxe autónomo.
B15 Adaptación a novas situacións.
B16 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B17 Creatividade e innovación.
B18 Iniciativa e espírito emprendedor.
B19 Capacidade de liderado, diálogo e negociación.
B21 Motivación pola calidade.
B22 Sensibilidade cara a temas de seguridade laboral, accesibilidade, sustentabilidade e medioambiente.
B23 Orientación a resultados.
B24 Orientación ao cliente.
B25 Hábito de estudo e método de traballo.
B26 Capacidade de razoamento, discusión e exposición de ideas propias.
B27 Capacidade de comunicación a través da palabra e da imaxe.
B28 Capacidade de improvisación e adaptación para enfrontarse a novas situacións.
B29 Actitude vital positiva fronte ás innovacións sociais e tecnolóxicas.
B30 Sensibilidade cara a temas relacionados coa protección, conservación e posta en valor do patrimonio cultural e arquitectónico.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.