Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A transmisión de saberes constitue a actividade fundamental e imprescindibel para o mantemento dunha cultura e do grupo social que a fundamenta. Esta transmisión se efectúa dos indivíduos mas adestrados aos menos, mediante un complexo proceso que no seu conxunto recebe o nome de Educación. A educación debe ter como resultado a modificación do comportamento do educando, adquirindo a ideoloxia, os coñecementos e as técnicas mas idóneas para favorecer a supervivencia, como tal, do grupo social ao que pertence.
Recensión bilbiográfica o obxectivo xeral da asignatura será a obteción dun coñecemento teórico das construccións populares de Galicia, estudando o território, os materiais, os ofícios, as técnicas e as diversas tipoloxias constructivas que integran as casas: a casa-vivenda e as construccións adxectivas. O obxecto que se persegue é sensibilizar aos futuros arquitectos técnicos cara un rico patrimonio cultural de posíbel adecuación, en grande parte dos casos, ás exixéncias habitacionais ou educativo-culturais de hoxe mediante as restauracións e reabilitazóns pertinentes.
Traballos tutelados Presentación de traballos realizados por o alumno