Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Esíxese a asistencia ao 80% como mínimo das sesións maxistrais, co obxecto de obter os coñecementos mínimos necesarios das instalacións hidráulicas e de protección en caso de incendio. 10
Proba obxectiva As probas obxectivas teñen por obxecto desenvolver e resolver unha proposta formulada polo profesor, o seu obxectivo é aplicar os coñecementos e metodoloxías adquiridas en distintos bloques a un caso práctico. Realizaranse como mínimo dous, e segundo o tipo de proba o profesor pode estimar a súa resolución en equipos cun número máximo de integrantes de 4. 5
Análise de fontes documentais O alumno realizará un resumo e interpretación de textos normativos e regulamentarios, que facilitasen a súa aplicación a casos prácticos que se formulen na aula. 5
Proba de resposta múltiple Exame tipo test, realizarase un por bloque temático, podendo distribuírse en tres ou máis exames durante o cuadrimestre. 40
Solución de problemas Esíxese a presenza nas clases prácticas e a entrega destas ao finalizar. Neste caso a entrega da práctica constitúe o rexistro de asistencia. Cando algunha práctica ocupe dúas sesións, controlarase a asistencia. 40
 
Observacións avaliación

Asistencia a clase: Só poderán aprobar por curso aqueles alumnos que asistan a mais do 80% das clases.

Exames teóricos: realizaranse como mínimo 3 e un máximo de 6, durante o curso, sendo necesaria unha nota media de 5 para superar a materia por curso. Formúlase unha proba de resposta múltiple ou resposta curta para cada bloque.

Prácticas individuais: o alumno realizará todos os traballos individuais expostos polo profesor, para poder aprobar a materia por curso. Realizaranse un mínimo de 4 traballos. Cualificaranse e a súa nota media contribúe á nota do curso.

Traballos en grupo: Os alumnos realizarán os traballos expostos polo profesor, para poder aprobar a materia por curso. Realizaranse como mínimo 2 traballos. Cualificaranse e a súa nota media contribúe á nota do curso.

Todos os traballos deberán realizarse en papel branco, tamaño A4, letra arial 10. A súa presentación realizarase sen encadernación, fixaranse mediante grampa (non valen clips ou medios de fixación provisionais). Na portada aparecerán os datos do alumno (nome completo e número) e o desenvolvemento deste realizarase de forma correcta e pulcra.