Datos Identificativos | 2011/12 | |||||||||||||
Asignatura | Informática | Código | 770G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación. Criterios de avaliación xerais: * Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: EXA: nota total desta proba. EXA parte teoría: nota obtida na parte de teoria desta proba. EXA parte programación: nota obtida na parte de programación desta proba. |
60 |
Traballos tutelados | Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade. Criterios de avaliación xerais: * Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo. * Claridade e calidade da exposición oral do traballo. * Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición. * Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: A1: nota obtida no traballo tutelado. |
10 |
Portafolios do alumno | Avaliación do documento realizado e dos avances e solucións expostas a pequenas probas de avaliación. Tamén se terán en conta as contestacións ás preguntas expostas polo profesor na revisión do portafolio. Criterios de avaliación xerais: * Organización e claridade dos documentos. * Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio. * Respostas correctas do alumno ás preguntas expostas na sesión de revisión do portafolio. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: A2: nota obtida na actividade do portafolio. |
5 |
Solución de problemas | Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres prácticas deste tipo durante o curso. Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para cada unha das prácticas entregada, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase. Criterios de avaliación xerais: * Adecuación do exercicio entregado ás pautas expostas no enunciado. * Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno. * Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica. Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade: A3: nota obtida na práctica 1 de programación. A4: nota obtida na práctica 2 de programación. A5: nota obtida na práctica 3 de programación. |
25 |
Observacións avaliación | ||
Requisitos a cumprir para superar a materia considerando unha puntuación entre 0 e 10:
1) Que a nota total nas actividades de teoría incluíndo a nota de teoría no exame final (A1 + A2 + EXA parte teoría) sexa igual ou maior que 2. 2) Que a nota total nas actividades de programación incluíndo a nota de programación no exame final (A3 + A4 + A5 + EXA parte programación) sexa maior ou igual que 3. 3) Que a nota da parte de teoría e a de programación no exame final sexan ambas maior ou igual a 1 (EXA parte programación >= 1 e EXA parte programación >=1). Unha vez cumpridos os requisitos para superar a materia, a nota final calcularase da seguinte forma: NOTA FINAL = A1 + A2 + A3 + A4 + A5 + EXA. A asistencia a todas as clases presenciais de prácticas é obrigatoria. A non asistencia a algunha clase, sen unha causa debidamente xustificada (médica, xudicial, laboral, etc.), suporá a non superación da materia. Nota sobre todas as actividades puntuables: se durante a revisión dalgunha destas actividades detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade coa nota mínima posible. |