Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame final de tipo test (20 preguntas) 50
Proba de resposta múltiple Exame de tipo test (10 preguntas) 20
Prácticas a través de TIC Cuestionario que avaliará o coñecemento do programa estatístico empregado nas prácticas (R) 30
 
Observacións avaliación

A proba obxectiva (exame final) abarcará os contidos de tódolos temas (temas 1 a 7).
A proba de resposta múltiple realizarase ó longo do curso unha vez impartido o tema 4, e abarcará os contidos dos temas 1 a 4, ámbolos dous inclusive.
Para superar a asignatura en xuño é necesario acadar una cualificación total mínima de 5, sendo en todo caso necesaria a presentación á proba obxectiva. Quen non se presente á proba obxectiva será cualificado como 'non presentado'.
En xullo se fará unha proba obxectiva similar á de xuño, que contribuirá á cualificación cunha ponderación do 70%. Non se fará proba de resposta múltiple nin se gardará a nota obtida en xuño nesa proba. O 30% restante consistirá na cualificación obtida en xuño nas prácticas a través de TIC, que poderá complementarse mediante a presentación opcional dun traballo. O traballo consistirá nunha análise co software empregado nas prácticas dun caso práctico proposto polo estudante e deberá ser entregado antes da realización da proba obxectiva.