Código Competencias da titulación
A1 Facilitar a integración dos alumnos no mercado laboral en ámbitos relacionados coas liñas de investigación ofertadas.
A2 Formación docente dos alumnos nalgunha das liñas de investigación.
A3 Formación investigadora de acordo coas metodoloxías científicas utilizadas actualmente.
A4 Desenvolvemento da capacidade dos alumnos para a realización dun traballo de investigación orixinal que lles permita a elaboración e defensa dunha tese doutoral, e a súa formación para a redacción e crítica de artigos científicos.
A5 Aprender a utilizar unha serie de equipos e técnicas experimentais.
A6 Ensinar a manexar bibliografía científica e técnica.
B1 Capacidade de dar solucións científicas a retos profesionais.
B2 Toma de decisións.
B4 Saber aplicar o método científico.
B7 Razoamento crítico.
B9 Capacidade de traballo en equipo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.