Temas Subtemas
A Máster-Tese deberá constar das seguintes partes:
• PORTADA
• AUTORIZACIÓN DO TITOR DA MÁSTER-TESE
• ÍNDICE PAXINADO
• RESUMO
• INTRODUCIÓN XERAL
• CORPO DO INFORME
• CONSIDERACIÓNS / CONCLUSIÓNS FINAIS
• BIBLIOGRAFÍA
• ANEXOS, no seu caso.
O proxecto que , deberá realizarse en lingua galega ou castelán, non superará as 100 páxinas a dobre espazo e
tamaño de letra 12. A maiores, tamén poderá ser presentada unha copia e outro idioma da U.E.
Cada unha das partes mencionadas debe recoller a seguinte información:
1. PORTADA. Será de deseño libre pero incluirá: Escudo e nome da Universidade; Nome da Facultade; nome do
máster; título da Máster-Tese e nomes do autor e do tior; ano de presentación
2. RESUMO: recolle un breve resumo do contido do traballo.
3. INTRODUCIÓN XERAL: recolle a intención do autor e presenta o problema ou tema específico de estudo (os
obxectivos ou as hipóteses). Descríbense as principais características do traballo, unha breve discusión sobre os
antecedentes teóricos e empíricos e defínense os conceptos principais que serán utilizados no estudo. Tamén debe
incluír o resumo das partes nas que se estruturou o traballo e o proceso de elaboración que se seguiu.
4. CORPO DO INFORME, composto por: fundamentos teóricos, metodoloxía, aplicación práctica e conclusións.
Esta parte é a que desenvolve propiamente o traballo. Nel descríbese o método seguido, as achegas acadadas, o
proceso de produción e recollida de datos e a súa análise, así como os principais instrumentos e procedementos
usados.
5. CONCLUSIÓNS. Recolle ao final os principais os resultados e conclusións.
6. BIBLIOGRAFÍA: Ao final do informe aparece a sección de referencias a obras e fontes consultadas.
7. ANEXOS: O apéndice ou anexo achega unha información detallada que doutro xeito distraería a lectura no
corpo do informe. Esta sección do traballo pode incluír táboas, gráficos, unha mostra do/s cuestionario/s
empregado/s etc. No texto do traballo farase referencia aos contidos do anexo. Un traballo pode incluír máis dun
anexo.