Esta materia pretende proporcionar unha formación básica en materia de sistemas de información, dende a perspectiva da xestión das empresas. O sistema de información defínese como unha infaestrutura destinada a facilita-la toma de decisións proporcionando os datos e os modelos de análise precisos para avaliar problemas e adoptar decisións. En termos organizacionais, o sistema de informasción ocúpase da xestión dos recursos de información, que se relacionan cos activos intanxibles. A infraestrutura TIC subxacente no sistema pode facer posible que a empresa se introduza en novos modelos de negocio, e desenvolva estruturas organizativas máis flexibles e eficientes.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías