Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Entrevista (ou outro tipo de actividade) individual e/ou grupal para avaliar o nivel de partida do alumnado. |
Presentación oral |
Cada estudante expón oralmente durante un tempo específicado sobre un tema concreto, relacionado con contextos profesionais e / ou empresariais. O obxectivo é a incorporación na fala do vocabulario e estratexias discursivas practicadas na clase. |
Aprendizaxe colaborativa |
Traballo na aula en grupos: exercicios orais (ex., entrevistas, conversas telefónicas) e escritos (ex., redacción colaborativa, corrección por pares). |
Discusión dirixida |
Debate sobre cuestións expostas nas presentacións, exposicións, vídeos, lecturas, etc. |
Esquemas |
Material de apoio para exercicios e probas orais, e de pre-escritura para todos os tipos de documentos vistos. |
Estudo de casos |
Préstase atención a exemplos concretos de empresas nun momento específico da súa historia, como base para os exercicios de rol. |
Lecturas |
O alumnado deberá ler documentos en diferentes formatos como paso previo á súa discusión e análise na clase ou como base para os roles que teñan que asumir noutros exercicios. |
Proba de ensaio |
Redacción, na aula, da informes, cartas, ou outro tipo de documentos. |
Proba oral |
Avaliación da producción oral en exercicios que reproducen situacións como, por exemplo, unha entrevista de traballo, unha presentación ou unha conversa telefónica. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte das profesoras de contidos a aplicar en exercicios prácticos. |
Xogo de rol (role playing) |
Asociadas a ésta hai outras metodoloxías ou actividades como lecturas, exercicios de vocabulario, de resolución de problemas, etc. orientadas a preparar a cada alumno/a para asumir un papel ficticio nunha empresa e funcionar como tal en conversas, informes escritos, presentacións profesionais, comunicacións electrónicas, etc. |