Traballos tutelados |
Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, exposicións orais, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar nas clases de D.I. e T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. |
30 |
Sesión maxistral |
Ademáis de nos traballos e actividades feitos ao longo do curso e avaliados nas outras categorías, cada estudante terá que amosar o seu dominio dos contidos e destrezas definidos para esta materia nunha proba escrita a se realizar na data oficial do exame final. Deberase obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. |
50 |
Discusión dirixida |
O profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe, tendo en conta a súa participación activa nas actividades individuais, así como a súa actitude colaborativa nas tarefas a desenvolver en grupo, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. |
10 |
- Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
- Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
- A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar na data do exame e que contarán o outro 50% da nota.
- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de "Discusión dirixida", "lecturas" e "traballos tutelados".
|