Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 20
Presentación oral Para alén da utilidade das presentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 15
Proba mixta Será obxecto de avaliación a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados na materia, tanto nas sesións maxistrais e presentacións orais como nas lecturas realizadas e nos estudos de caso analisados. Será tamén levada en conta a capacidade de análise crítica, a corrección lingüística e a clareza expositiva. 30
Recensión bilbiográfica Nas recensións bibliográficas será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. 20
Estudo de casos Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 15
 
Observacións avaliación

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados polo profesor no inicio das sesións. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos
profesores.


Os criterios específicos de avaliación para cada unha das tarefas serán
oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en
formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle, xunto coas
instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.


As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola
Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén
aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesor responsábel da
materia.


Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás
probas escritas ou que non presentar ningunha das actividades.