Traballos tutelados |
Dous traballos dunha maior extensión, que serán realizados ao longo do curso baixo a supervisión dos docentes |
40 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito: - O
50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita
teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do
curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nesta proba escrita
para superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global da materia
non será superior a un 4,9. - O 40% da nota global da materia
corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos
ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática. O
enunciado dos traballos será publicado no campus virtual da UDC. - O
10% da nota global da materia corresponderá á participación en
actividades prácticas na aula de informática. Cada semana será proposta
unha nova actividade para resolver durante a hora correspondente ao
grupo mediano. A cualificación final neste apartado virá dada polo
número de actividades realizadas e a súa corrección.
OBSERVACIÓNS: - Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE
aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira
oportunidade A segunda oportunidade constará de tres partes: - Proba
escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba
teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2
(sobre 5) nesta proba escrita para
superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global que se poderá
alcanzar na materia non será superior a un 4,9. - Proba escrita práctica (10% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
- Dous
traballos prácticos (40% da nota final) para recuperar a nota dos
traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos
docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar
dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC
logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira
oportunidade.
OBSERVACIÓNS: - Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
- Se
un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das
tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa
parte. - Os/as estudantes con nota inferior a 2 na proba escrita
teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda
oportunidade para aprobar a materia. - Terá cualificación de NON
PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das tres partes
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso de actividades que requiran dun equipamento específico, se lles facilitará, dentro do posible, unha alternativa viable se a solicitan.
|