Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados nas sesións maxistrais. 30
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos "seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". 20
Presentación oral Será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos, o traballo en equipa e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. 10
Estudo de casos Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 25
Recensión bilbiográfica Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. 15
 
Observacións avaliación

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das
sesións e pendurará na plataforma moodle. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos
profesores.



Os criterios específicos de avaliación para cada unha das tarefas serán
oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel da materia en
formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle, xunto coas
instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.



As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola
Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén
aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesorado responsábel da
materia.



Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás
probas escritas ou que non presentar ningunha das actividades.