Proba de resposta breve |
Puede incluir: ejercicios gramaticales, de sustitución, de transformación, de relleno; explicaciones de vocabulario y/o frases hechas; preguntas de comprensión. |
50 |
Traballos tutelados |
Redacciones de temática variada. |
20 |
- Entrega de traballos tutelados (a) 15-03-13 e (b) 3-05-13. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación en maio-xuño. Os traballos deben entregarse en tempo e forma: non se aceptarán traballos fóra de prazo, a non ser que se xustifique a causa documentalmente. Unha avaría no ordenador ou impresora non constitúe unha causa xustificada.
- Proba de resposta breve: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2012-13 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). A data non é negociable.
- A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade, consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Nesta ocasión de xullo, a presentación oral terá o formato dunha entrevista oral que valerá a mesma porcentaxe que a presentación na primeira oportunidade (15%).
- A segunda oportunidade (edición de xullo) non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
- Non se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
- Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a de resposta breve e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados nin a presentación oral.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
|