NOTA IMPORTANTE:
- Ambos os dous libros de texto (indicados en Bibliografía Básica de Fontes de Información) son imprescindibles para o traballo de clase e para o estudo individual.
- A asistencia a todas as clases é necesaria para seguir o ritmo de aprendizaxe e perfeccionamento.
Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.
. A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, e nesta materia a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Universidade, os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a exención de asistencia á clase. . As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle. Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con asiduidade. . Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, ao alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala. |