Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Esta materia proporcionará ao alumno uns coñecementos importantes para o estudo da literatura e o desenvolvemento da lingua inglesa. O alumno terá coñecementos básicos acerca da historia das Illas Británicas e os EE.UU; saberá relacionar eventos, persoas, lugares, causas e efectos. O alumno terá coñecementos xerais acerca da xeografía das Illas Británicas e os EE.UU; saberá localizar trazos importantes, puntos de interese e cidades principais nun mapa mudo; a influencia do clima nas diferentes zonas apreciarase en relación co modo de vida; a densidade de poboación e as actividades económicas principais comprenderanse no contexto dunha serie de factores xeográficos. O alumno sabrá explicar como funcionan os sistemas de goberno respectivos do Reino Unido e os EE.UU; as diferenzas e similitudes apreciaranse en relación coa súa historia conxunta e individual como comunidades. Unha parte da Cultura (cunha 'C' maiúscula) é o recoñecemento das obras de arte principais, aos cales a miúdo se refire na literatura, os medios de comunicación e nas fontes históricas; o alumno coñecerá certo número de obras de arte en contexto, e saberá explicar o seu significado cultural no pasado e o presente dos EE.UU e o Reino Unido. A1
A2
A6
A9
A10
A15
A17
A21
B3
B4
B6
B7
C2