Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional.
Os alunos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".
Os alunos/as oficialmente matriculados a tempo parcial e con dispensa académica concedida realizarán un traballo (50% da nota) e o exame (50% da nota).