Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Os alumnos resolverán un problema máis complexo que nas prácticas de laboratorio usando linguaxes de scripting. Aínda que se proporán traballos a realizar, incentivarase que os alumnos desenvolvan, deseñen e resolvan propostas propias.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura entregar en prazo este traballo, así como obter como mínimo o 50% da puntuación máxima asignada ao mesmo. Este traballo poderase realizar de forma individual ou por parellas. A súa avaliación realizarase nunha defensa de prácticas, na que cada membro da parella será avaliado individualmente.

Non entregar ou non superar en prazo a este exercicio
suporá unha cualificación de 0 en prácticas de laboratorio, e a calificación de "Non Presentado" na primeira oportunidade de Xuño.
30
Prácticas de laboratorio Realización de varios exercicios prácticos sobre scripting en diferentes entornos.

A entrega destes exercicios será optativa. A realización, entrega e avaliación será individual. Os exercicios que presenten evidencias de plaxio non serán calificados.
10
Proba mixta Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 40% da puntuación máxima da proba mixta.
60
 
Observacións avaliación

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha cualificación global, aplicando as ponderacións da proba mixta, das prácticas de laboratorio e da proba mixta igual ou superior ao 50%. En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con algunha das condicións necesarias a cualificación final será un Suspenso (4.0).

O mecanismo de recuperación que se habilitará na segunda oportunidade de xullo incluira un novo prazo de presentación de traballos tutelados, que será anunciado atendendo á data do exame fixada pola Facultade. As condicións de avaliación da segunda oportunidade serán as seguintes:

  • A puntuación, de tela obtido, das prácticas de laboratorio será mantida nesta convocatoria. Non é posible a súa recuperación. Trátase, por tanto, de ter en conta o traballo diario do alumno no seguimento da asignatura.
  • A cualificación do traballo tutelado obtida na convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante. A presentación dun novo traballo suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • A puntuación da proba mixta obtida no convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante. A presentación dunha nova proba mixta suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • Mantéñese as condicións globais necesarias para aprobar requeridas na primeira oportunidade de xuño.
En ningún caso se manterán as notas obtidas entre diferentes convocatorias (ex. a nota obtida en calquera das probas avaliadas obtida no curso académico 2012/2013 non será tida en conta durante o curso 2013/2014)

Exemplos de avaliación:

  1. O estudante A acada a máxima puntuación no exame, e obtén o punto por prácticas de laboratorio. Non obstante, non entrega o traballo tutelado. A nota ponderada correspondente é un 7, mais ao non entregar un traballo obligatorio a súa nota en actas é un 4.0 (Suspenso). 
  2. O estudante B obtén o punto por prácticas de laboratorio e a máxima puntuación no traballo tutelado. Non obstante, acada un 3.5 sobre 10 no exame. A nota ponderada correspondente é un 6.10, mais ao non acadar alomenos o 40% da puntuación máxima da proba mixta a súa nota en actas é un 4.0 (Suspenso).
  3. O estudante C non presenta prácticas de laboratorio. Acada un 1.5 sobre 3 no traballo tutelado e un 5 sobre 10 no exame. A súa nota ponderada correspondente é un 4.5 (Suspenso). Na segunda oportunidade de xuño, ten as seguintes opcións:
    • Entregar unha nova práctica tutelada e non acudir ao exame de xullo, preservando a nota obtida. A nota da segunda oportunidade obterase sumando a nova nota de prácticas (aínda que esta sexa menor ao 1.5 de xuño) ao 5 sobre 10 do exame de xuño.
    • Acudir ao exame de xullo a subir nota, conservando a nota da práctica tutelada. A nota da segunda oportunidade obterase sumando a nova nota do exame (aínda que esta sexa menor ao 5 sobre 10 de xuño) ao 1.5 sobre 3 da práctica.
    • Acudir ao exame de xullo a subir nota, así como entregar unha nova práctica tutelada. A nota da segunda oportunidade obterase sumando as novas notas de exame e traballo tutelado obtidas (aínda que algunha delas ou ambas sexan menores que as obtidas en xuño).
    • Nótese que en ningún dos casos o estudante C pode recuperar o 10% de prácticas de laboratorio que non realizou durante o curso.